Nunca houbo montañas

nas miñas monecas.

Eran totalmente planas

e azuis e poñíalles

vestidos para adornalas,

para rirme delas,

disfrazar as miñas bágoas,

saltar sobre a cociña

con catro pés. Soñaba

con ter moitas caras

e deixar de ser lista.

Monecas "Nansi" loiras

 

 

O AMOR

 

O amor foi

un trallazo moi forte

que rompeu a

ventá. E quedou rota

para sempre. Eu limpei

do chan

os cristais. Corteime

con eles

en tódolos dedos.

( Mundo de Fisteus, 1972)

Fashion & Cool & Sexi

Centro comercial Camelias: Zara

E por último aquí está.

O modelo da industria

De mulleres

En cadea.

Un modo de producción

Sumamente rendible

Para a economía do país.

Mágoa que se axuste tan pouco

Ó producto autóctono

De carnes tradicionalmente alimentadas

Con botelos, touciños e lacón.

A revolución industrial.

As mulleres de talle 36

Embutidas no que antes

Utilizariamos

Para facer uns bos chourizos.

Todas ¡guais.

Unha por unha.

Unha producción ilimitada

Nun mercado mutilador.

Se cadra agora haberá que xustificar

Que se segue sendo humana

Mesmo se non se cabe

Na roupa de Zara.

 

María Reimóndez: Moda galega.

 

Pasamos textos a Photopeach.

 

3º DIVERSIFICACIÓN

Isabel Mª Barcón - IES María Sarmiento. Viveiro -

  • Twitter Square
  • facebook-square